O popular Diego Calvo salienta en Ribeira a importancia de “estar preto dos veciños”

21 Novembro 2024

A dirección do Partido Popular na provincia da Coruña, encabezada polo seu presidente, Diego Calvo, reuniu este mércores 20 de novembro en Ribeira a alcaldes, voceiros, concelleiros e colaborades de toda a comarca do Barbanza, nunha cita coa que os populares pretenden “seguir ao pé” e coñecer de preto “os problemas e as necesidades dos veciños da zona”, sinalaron. Na compaña do secretario xeral, Evaristo Ben, e do vicesecretario de Organización e Territorio, Gonzalo Trenor, Calvo incidiu na importancia de levar a cabo este tipo de reunións: “Para nós é fundamental poder escoitar a todo o mundo, e non so aos alcaldes e aos portavoces. É a única maneira de estar ao tanto do que sucede nos vosos concellos e é a mellor forma de poder acertar coas decisións que teñamos que tomar”.

O líder dos populares insistiu na necesidade de “seguir ensanchando o partido” para contar cos mellores equipos para afrontar a cita das municipais do ano 2025. “É certo que vaias onde vaias nesta provincia poderás atopar un representante do PP, pero temos que seguir crecendo e debemos seguir preparándonos para os retos que temos por diante”, dixo, poñendo o foco na situación política actual que vive a Comunidade Autónoma de Galicia en contraposición á do Executivo central e destacando que o Goberno de Alfonso Rueda aprobará nas próximas semanas os orzamentos para o ano 2025. “Iso de que Galicia é unha illa de estabilidade demóstrase con feitos. Feitos que falan por si sós e que permiten que os galegos poidamos estar máis tranquilos porque temos un goberno que fai os seus deberes e que planifica con tempo”, subliñou.

Calvo engadiu que “pola contra o Goberno central segue inmerso en asuntos xudiciais, en posibles casos de corrupción e sen aprobar as contas do ano que vén”. Na súa opinión, “por moito que tenten vender outra situación, por moito que utilicen a propaganda e os medios para camuflar a realidade, a xente é consciente da gravidade da situación que vivimos”.

Todos con Valencia

O líder dos populares na provincia tivo palabras tamén para a traxedia provocada pola DINA que azoutou a comunidade valenciana e outros puntos do territorio español. “Todos estamos moi pendentes do que sucede e, sobre todo, todos, desde o Goberno da Xunta, puxémonos ao dispor para axudar cos medios materiais e humanos que se necesiten”, explicou Calvo.

Sobre isto, o popular, responsable do servizo de Emerxencias de Galicia, subliñou a “complexidade” que ten a coordinación deste tipo de situación, e apuntou que agora o máis importante é “reconstruír a zona e axudar á xente que se quedou practicamente sen nada. Xa teremos tempo despois para saber que foi o que fallou”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.