O BNG insta de Dodro insta ao Concello “a mirar polo rural”

18 Novembro 2024

O BNG emitiu un comunicado no que valora moi positivamente ter conseguido “sacar a diante, diante dun Goberno do PSOE en minoría (3 de 11), dúas mocións dirixidas a mellorar o rural de todas as aldeas”.

No comunicado recórdase a postura dos nacionalistas sobre as principais demandas do grupo para o rural do concello, manifestada o pasado 14 de novembro polo seu voceiro Xoán Bautista Mariño, quen sinalou que “desde hai anos o abandono do rural é evidente por parte dos distintos gobernos do Estado e da Xunta nas súas respectivas competencias; as aldeas baléiranse e a xente protesta ante a falta de amparo das administracións diante de normas de obrigado cumprimento que non axudan á maioría do territorio galego. A falta de iniciativas para cultivar, rexenerar, repoboar e por en valor os distintos territorios fan que a limpeza de fincas sexa a única opción que queda para evitar incendios e ter minimamente coidados espazos de toda a nosa xeografía. A lei Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais é insuficiente”.

Ante as demandas transmitidas ao BNG pola veciñanza, o pleno aprobou instar á Consellería do Medio Rural a unha coordinación eficaz entre administracións, identificación mellor das parcelas e máis apoio material e persoal para o Concello de Dodro. O BNG pediu tamén ao goberno melloras na información e asesoramento dilixente en todos os casos necesarios.

A outra moción trataba o tema das infraestruturas de telecomunicacións que “xunto coa electricidade reséntense pola falta de mantemento pese a que se paga por elas”, sinalaron, engadindo que “sen oficinas de atención das compañías, postes caídos e tendidos obsoletos ao longo de todo o municipio dan idea do abandono que mesmo impiden novas altas para a veciñanza que desexa ter fibra óptica”.

O BNG preocupouse tamén “polas obras necesarias en camiños mal arranxados como en Revixós” ou a propia Casa Consistorial que, segundo lembraron, presenta importantes goteiras e humidades. Insistiu o voceiro nacionalista na “defensa das celebracións e festas tradicionais coma o magosto que este ano non fixo o goberno”.

Para o BNG, o goberno en minoría afecta igualmente a atención presencial nas dependencias municipais polo que o BNG “pide que haxa sempre, en horario de oficinas, un membro do equipo de executivo para atender tamén á veciñanza ou no seu defecto que elaboren un calendario para que a xente saiba cando e a onde acudir”.

Humidades e pingueiras na Casa Consistorial denunciadas polo BNG

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.