A ría de Muros e Noia engalánase esta fin de semana con máis dun centenar de laseristas da Clase ILCA

14 Novembro 2024

O Real Club Náutico Portosín acolle esta fin de semana na súa sede social e deportiva a regata clasificatoria da Clase ILCA, un evento no que a ría de Muros e Noia engalánase para recibir a un centenar de laseristas, que buscan nesta cita náutica puntuar na clasificación galega e poder entrar a formar parte da selección da comunidade. A Clase ILCA, conformada polas tres categorías do antigo Láser (o actual 4 foi o 4.7, o 6 o anterior Radial e o 7 o que fora o Standard), o ILCA 6 en mozas e o 7 en categoría masculina, ofrecerá un gran espectáculo visual e deportivo sobre as augas sonenses, debido ao nivel da frota e ao seu gran número, que ben lembra ao nacional disputado sobre esta mesma ría no mes de maio.

Fotos e texto de Juan Caballero

O comité da regata que dirixe Sergio del Río co apoio dos xuíces e oficiais Pedro Alarcón, Alberto Bolibar, Miguel Cons e Juan Insua, programaron unha competición co obxectivo de tentar validar ata seis mangas, tres por xornada como mínimo, aínda que se podería dar a circunstancia de que, nalgún dos días, aproveitando as boas condicións meteorolóxicas, póidase chegar a navegar catro probas.

A saída da primeira manga darase o sábado á 14.00 h., sendo na xornada dominical a partir das 11 da mañá, con entrega de premios á 17.00 h.

O Club Náutico Marina Coruña, o Club de Vela Fluvial das Pontes, o Grupo Bazán, os Reais de Sanxenxo, Rodeira de Cangas, Baiona e Vigo, Alamar Sada, Oza, Ribeira, Canido, Ría de Ares e o propio anfitrión de Portosín, así como o portugués de Viana do Castelo, confirmaron a súa presenza cos seus respectivos embaixadores de clase, incluíndo o propio club luso que virá participar no formato open da proba, en total unha quincena de entidades náuticas e clubs de vela de Galicia e o veciño país de Portugal.

Son patrocinadores e colaboradores da regata clasificatoria de ILCA, a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, a Deputación da Coruña, o Concello de Porto do Son, Gadis, a Confraría de Pescadores de Portosín, Azul de Portosín, sendo organizadores o Real Club Náutico Portosín e a Real Federación Galega de Vela.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.