Os días 22 e 23 de novembro celébrase en Ribeira a ruta de tapas Toma Castaña

07 Novembro 2024

Será na penúltima fin de semana de novembro, os días venres 22 e sábado 23, cando se celebre en Ribeira a ruta de tapas Toma Castaña. Celebrarase en horario libre e darase unha pequena ración de balde con cada consumición. Os locais hostaleiros que queiran participar deberán inscribirse no enderezo electrónico comercio@ribeira.gal ou no teléfono 686 58 70 00 como data límite ata o venres 8 de novembro de 2024 ás 23:59 h. Deberán indicar o nome do establecmento participante e da tapa que presentan.

Segundo explicou o Concello, a temática deberá ser o outono, dando preferencia ao uso da castaña como
ingrediente principal, dispoñendo neste ámbito os locais participantes de total liberdade creativa.

Aos locais participantes entregaráselle o cartel da ruta de tapas Toma Castaña no cal aparecerán os nomes dos establecementos participantes que formen parte deste itinerario gastronómico e, será publicado, tamén, nas diferentes redes sociais e páxina web do Concello de Ribeira.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.