O Concello de Muros destina máis de 200.000 euros do remanente a obras e a axuda no fogar

31 Outubro 2024

O Goberno local do Concello de Muros leva ao pleno ordinario desta tarde o uso de máis de 200.000 euros do remanente municipal para obras e gasto social.

Por unha parte, realizaranse nas próximas semanas obras e actuacións no casco urbano e as parroquias para pavimentar vías e camiños, melloras no saneamento e abastecemento, ou na rede de alumeado.

“Obras necesarias para mellorar os servizos que o concello presta aos veciños, renovando infraestruturas públicas e dando resposta ás demandas veciñais”, explica a alcaldesa, María Lago.

Outra partida importante será para gasto social, en concreto para o Servizo de Axuda no Fogar e para o arranxo dun vehículo de transporte adaptado.

“Os concellos asumimos a ampliación de horas no servizo e ademais o persoal de Axuda no Fogar tiña que cobrar o quilometraxe e non o cobraban en Muros; é algo ao que teñen dereito e recolle a lei, polo que nós comezamos a pagalo”, engadiu a alcaldesa.

A sesión plenaria deste xoves 31 de outubro aprobará tamén a nova imaxe corporativa do Concello de Muros, presentada recentemente á veciñanza.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.