O PP pide ao Concello que solucione o problema do vertedoiro en Deán

27 Outubro 2024

O Grupo Municipal do Partido Popular emitiu un comunicado no que denuncia “as continuas verteduras que vén sufrindo o núcleo de Deán dende hai máis dun ano”, verteduras que o PP sostén que se renovan con “restos de obras, escombros e outros materiais no que noutrora era un solar adicado a aparcamento disuasorio de uso moi necesario para os residentes no entorno”. Os populares achacan ao Concello a responsabilidade deste problema, que se remonta a hai máis dun ano.

No comunicado sinalan que “ante a inacción continua do Executivo local, a veciñanza solicita unha e outra vez a retirada dos residuos do entorno e a volta ao seu estado orixinal sen conseguir absolutamente nada máis que os vertidos sigan sendo habituais no espazo, facendo que medre o descontento polo vertedoiro preto das súas casas e pola privación dun espazo que foi alugado no seu día cun único fin: o de aparcadoiro disuasorio”.

Este espazo, sinala o PP, viña sendo moi utilizado non só polos residentes no barrio senón tamén por visitantes, “xa que a súa proximidade co areal de Coroso fai que na época estival estea moi demandando”.

O grupo lembra que o pasado mes de abril presentou unha pregunta para pedir explicacións e o propio responsábel municipal recoñecía que esta situación era “unha molestia para os veciños” e que “non tiñamos un mellor sitio para acumular todo iso”. Porén, di o PP, a situación segue igual ou peor e sen trazas de arranxarse.

A voceira popular, María Sampedro, declarou que “os veciños xa están fartos de facer o camiño ao Concello sen ter ningunha solución. Se o Concello non ten un mellor sitio para acumular os refugallos que o busquen pero que non castiguen á veciñanza de Deán a ter que soportar máis tempo unha escombreira diante das súas casas”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.