Nova edición, a 256, de Código Cero, revista de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia

25 Outubro 2024

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero, o 256,  na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco dixital Magzter.
Nesta nova entrega dedicamos unha especial atención á IV Encontro CIBER.gal e aos proxectos en Galicia de SATEC. Tamén abordamos os seguintes temas:
– CITMAGA desenvolve algoritmos con Avincis para combater os incendios forestais
– O CITIC recoñece o talento dos investigadores novos co novo Congreso XoveTIC
– A Xunta confirma que a nova sede do CESGA estará no polígono da Sionlla en Santiago
– O obradoiro de emprego Appventures deixa en Santiago tres aplicacións de VR
– Os grandes desafíos da IA debatéronse en Santiago no marco da ECAI 2024
– Tesla Technologies brinda formación avanzada en ferramentas intelixentes
– O programa Navega con rumbo do CPEIG recoñecido polo seu valor social e divulgativo
– Fernando Suárez, presidente do CPEIG, reivindica un Nobel de Informática

– Unha de cada tres firmas galegas de máis de 10 persoas empregadas permite o teletraballo
– AMTEGA e AGASOL impulsarán o software libre nas empresas
– Entrevistamos a Marta G. Franco, autora do libro Las redes son nuestras
– A FP galega incorpora unha ferramenta IA para recrear situacións reais en inglés
– A rapazada de Chantada implícase na 1ª doazón de voces infantís para o Proxecto Nós
– As empresas e as entidades galegas converten a innovación nunha constante
– Repasamos o máis salientábel dos días pasados en materia de xogos e consolas
– O MUVI presenta nunha exposición o primeiro videoxogo galego da historia
– Presentado na UVigo o libro branco da accesibilidade gamer

Outros artigos

Convocada a XIII edición do Concurso de Poesía Albariza de Artes

O Centro Recreativo e Cultural de Artes, en colaboración co Concello de Ribeira (Área de Cultura) presentou o cartel e as bases do nova convocatoria do Concurso de Poesía Albariza de Artes, certame que alcanza este ano a súa décimo terceira edición. Esta iniciativa...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

Como cidadáns españois todos temos dereito a unha vivenda digna e axeitada. De feito, a Constitución Española establece no seu artigo 47 que "tódolos españois teñen dereito" a disfrutar dela. O mesmo artigo recoñece que "os poderes públicos promoverán as condicións...

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.