O Concello de Boiro saca a licitación as obras para a pavimentación no lugar de Xián

25 Outubro 2024

O Concello de Boiro sacou a licitación o proxecto para as obras de pavimentación no lugar de Xián por un importe de 34.089,21 euros. As empresas interesadas poderán presentar as súas ofertas a través da Plataforma de Contratación do Sector Público ata o 13 de novembro

O obxectivo desta actuación é mellorar o conxunto do firme e as súas características funcionais nas vías interiores da aldea de Xián, na parroquia de Bealo. Vaise actuar en catro tramos para a rehabilitación superficial mediante a aplicación dunha nova capa de rodaxe asfáltica para conservar e mellorar as características funcionais e a protección do conxunto do firme.

As actuacións vanse a levar a cabo a través do Plan de Obras e Servizos (POS+ 2023) da Deputación da Coruña.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.