A Confraría de Porto do Son acolle este venres unha xornada de divulgación do GALP Costa Sostible

23 Outubro 2024

O local da Confraría de Porto do Son acollerá este venres 25 de outubro, a partir das 19.00 horas, unha xornada de divulgación do GALP Costa Sostible, adicada á análise dalgúns complementos alternativos para o sector pesqueiro e a súa posíbel implantación no territorio. Intervirá ( Sauro Martínez, patrón maior de Sanxenxo, que ofrecerá o relatorio A pesca turismo como complemento da actividade pesqueira. Falará da súa experiencia á fronte do proxecto Mariñeiro por un día, que consiste na organización de excursións de pesca no seu propio barco, o Praia de Sanxenxo, un pesqueiro de 3ª con 11,5 metros de eslora. Estas xornadas finalizan a bordo cunha degustación de produtos da ría. Desta forma a embarcación recibe uns ingresos complementarios que lle axudan a desestacionalizar o seu traballo, adianta o patrón maior.

Na cita tamén intervirá Juan José Rial Millán, patrón maior da Illa de Arousa, co relatorio A recolección de algas como oportunidade alternativa para o sector. Falará dunha recente iniciativa da Confraría da Illa que consistiu na adquisición dun moderno tractor e dun guindastre para a recollida de algas. Grazas a esta incorporación non soamente se facilitan as actividades de marisqueo, senón que tamén obtéñense uns ingresos extra coa venda das algas a distintos sectores industriais.

Pola súa banda, Manuela Oviedo, xerente do GALP Costa Sostible, intervirá coa charla Liñas de axuda para o sector pesqueiro no GALP Costa Sostible. Exporá as posibilidades de axudas que os Fondos Europeos FEMPA ofrecen ao sector da pesca e a acuicultura no horizonte 2027.

Ao remate do acto haberá un pincho-coloquio.

Máis información e inscricións na conta de correo galp.mar.costasostible@xunta.gal e máis no teléfono 638 033 467.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.