O Concello de Outes adía o Encontro dos Maiores polas incidencias da auga da traída

22 Outubro 2024

O Concello de Outes decidiu aprazar a XXVI edición do Encontro dos Maiores por mor dos problemas que está a sufrir o abastecemento de auga para consumo no termo municipal, que, como lembraremos, provocou varios casos de gastroenterite na veciñanza por contaminación microbiolóxica. En palabras do Goberno local, “co obxectivo de velar pola saúde da nosa terceira idade, pospoñemos o Encontro dos Maiores, que estaba previsto para este sábado 26 de outubro, ate novo aviso á espera de que a Consellaría de Sanidade da Xunta de Galicia remate de elaborar todas as analíticas pertinentes e se levante a prohibición de consumo de auga”.

Dende o Concello recoñecen a súa intención de “celebrar a xuntanza coa maior brevidade posíbel, pero garantindo sempre as mellores condicións sanitarias”. Engaden que informarán da nova data do encontro en canto se conte co visto e prace da Consellería e sexan levantadas as restricións e a loxística o permita. As reservas xa feitas manteranse e non será preciso, por tanto, anotarse de novo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.