Ribeira chama ao voluntariado para a limpeza de praias o vindeiro 26 de outubro

19 Outubro 2024

Cada ano máis de 10 millóns de toneladas de lixo rematan nos océanos. Co obxectivo de
eliminar parte dos residuos que están nas praias, así como dar unha chamada de atención
sobre esta problemática o Concello de Ribeira convoca unha xornada de limpeza. Con esta
acción tamén se pretende concienciar na necesidade de coidar dos mares.
Da man da concelleira de Medio Ambiente, Antía Alberte e do concelleiro de Mar, Fernando
Abraldes presentouse esta iniciativa nunha praia de Río-Azor en marea baixa e chea de argazo e
plásticos.
Nestes días de temporais onde o mar devolve á terra todo o lixo xerado pola diferentes
actividades humanas alén dos nutrientes tan necesarios para a dinámica de toda a cadea
trófica, o Concello de Ribeira quere abordar esta situación non só dende o servizo municipal de
limpeza senón tamén facendo actividades de concienciación e divulgación “e que mellor
maneira que os propios concelleiros nos involucremos nestas limpezas voluntarias, comezamos
o ano pasado con estas iniciativas e continuamos con elas. A acción de limpeza desenvolverase
o vindeiro sábado 26 de outubro ás 11:00 horas sempre que o tempo nos acompañe” sinalou
Antía.
O punto de encontro será na praia de Río-Azor e farase a limpeza da mesma así como nas calas
contiguas cara o norte, as chamadas praias caninas habilitadas polo Concello sitas entre Punta
Aguiúncho e a Pedra da Igrexa dos Mouros. “Aínda que son praias pequenas son espazos onde
se acumula moito material plástico entre as rochas e pensamos que é importante traballar nas
rochas polo efecto acumulativo” salientou a concelleira.
Finalmente animou a todos e a todas a participar e informou que “ademais de facer a limpeza
de proporcionar luvas e bolsas, teremos despois un pequeno coloquio de concienciación
ambiental.
Abraldes fixo unha chamada ao voluntariado a sumarse para a limpeza de praias para o sábado
26, falou do importante que é para o sector do mar “agora que estamos nas primeiras maruxías
do ano, é o momento preciso para facer esta actividade de limpeza xa que no verán o mar está
moi en calma pero cando chegan estas temporais o mar devolve todas estas variedades de
plásticos que co tempo se volven en micro-plásticos co problema de chegar á cadea trófica”
finalizou o concelleiro.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.