Lousame acollerá este venres 17 unha mesa informativa sobre o cancro de mama dinamizada pola delegación en Noia da AECC

17 Outubro 2024

A Xunta Local de Noia da Asociación Española Contra o Cancro (AECC) montará unha mesa informativa sobre o cancro de mama mañá venres 18 de outubro en Lousame. Esta mesa estará emprazada na contorna do Centro de Saúde lousamiá e poderá visitarse en horario de 11:00 a 13:30 horas.

Trátase dunha iniciativa de sensibilización posta en marcha co gallo da conmemoración, este sábado 19 de outubro, do Día Internacional na loita contra o Cancro de Mama.

A alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde, amosa todo o seu apoio a esta iniciativa e lembra que “o cancro de mama é o máis frecuente entre as mulleres pero hoxe en día, grazas á investigación e a unha detección precoz, a taxa de supervivencia ten aumentado ata o 85,5%. Polo que este tipo de iniciativas son moi positivas á hora de sensibilizar e concienciar ás persoas sobre a importancia da prevención e a detección precoz”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.