En Ribeira accidente de tráfico na estrada AC-550 ao seu paso pola parroquia de San Martiño de Oleiros. En Vilagarcía rescatada unha persoa dun coche o quedar atrapada

06 Outubro 2024

Os bombeiros do parque Provincial de Ribeira participaron esta mañá nun operativo causado por unha saída de vía na estrada AC-550 ao seu paso pola parroquia de San Martiño de Oleiros, no concello de Ribeira. 

A incidencia foi ocasionada por un turismo que saíu da vía impactando contra un poste de formigón do tendido eléctrico. No automóbil non houbo atrapados.

Por outra banda unha persoa foi rescatada a través do parabrisas do seu coche logo de accidentarse e quedar atrapada polo cinto en Vilagarcía.

Ocorreu no quilómetro 13 da PO-548, en Bamio, e os bombeiros do Salnés colaboraron co Servizo de Emerxencias de Vilagarcía para auxiliar ao ferido.

De feito, foi precisamente o implicado quen, dez minutos antes das 23:30 horas, contactou co 112 Galicia desde o interior do turismo para indicar que era incapaz de abandonar o coche ao estar atrapado polo cinto de seguridade.

Neste operativo colaboraron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros do Salnés, o Servizo de Emerxencias e a Policía Local de Vilagarcía, así como a Garda Civil de Tráfico.

Á súa chegada, os equipos de intervención comprobaron que a persoa era incapaz de saír ao exterior, polo que procederon coas tarefas de excarceración a través do parabrisas do vehículo. A continuación, o ferido foi atendido polos profesionais sanitarios e trasladado ao Hospital do Salnés en ambulancia.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.