
O Centro Social de Boiro acolle este domingo 6 de outubro a proxección do filme Cardoña fotos a 7 pesetas, de Carlos Lorenzo. Será ás 19.30 horas e a entrada é de balde. Organiza o Concello en colaboración coa Deputación.
Sinopse
Cardoña (José Gestal) foi un dos moitos fotógrafos espallados por Galicia que traballaban dun xeito ambulante como un medio vida que lle permitía obter ingresos para subsistir.
Cardoña era un obreiro da foto e o seu traballo humilde converteuse sen el sabelo nun legado documental que hoxe serve para afondar no coñecemento da Galicia rural de boa parte do século XX. A súa filla Matilde e fotógrafos e expertos como Xurxo Lobato, Xoán Piñón, Carlos Castelao e Manuel Sendón cóntannos como era aquel oficio e homenaxean a quen contribuíu a que permanecera viva a nosa memoria.
Ficha técnica
Título: Cardoña fotos a 7 pesetas
Formato: Documental
Data de produción: 2023
Duración: 30 mints.
Produción: Carlos Lorenzo
Guión: Carlos Lorenzo
Dirección: Carlos Lorenzo
Música orixinal: Moisés Quintas
Ilustracións: María Lires
Voz en off: María Barcala
Edición: Manuel Macou
Imaxe e realización: Xosé A. Bocixa
Poema: Emma Pedreira
Postprodución de audio: Alfonso Camarero
Postprodución de imaxe e etalonaxe: Enrique Moro
Axudante de produción: Andrés Lage
Edición e retoque fotográfico: Carlos Lorenzo
Tradución e subtitulado: Marián Sande
Informática e web: Andrés Lage
Asesoría lingüística: Teresa Seara
Deseño gráfico: Carlos Lorenzo
Versión orixinal: galego
Versións subtituladas: castelán, inglés e galego (versión para persoas xordas)
Calificación: apta para todos os públicos



