“María Xosé Porteiro, un pouco en todos nós”. Alberto Barciela

30 Setembro 2024

María Xosé Porteiro está un pouco en todos nós. É como unha navegante vital no mundo das andanas, das ondas da vida, singularmente tamén nas do mar, nas da radio, nos latexos dos corazóns sensibles, tanto como ela mesma. O seu feminismo é esclarecedor, reivindicativo e amable a vez, rosaliano e de Rosa de Luxemburgo, anclado no sentir dunha muller, dunha emigrante precoz, dunha compañeira, dunha nai, dunha xornalista, dunha ensaisita e novelista, dunha política demócrata e culta, dunha defensora adxunta do pobo próximo, dunha grande amiga, e sobre todo dunha luz iodada, faro referente de humildade e saber estar para moitos de nós, muller esclarecida.

A galeguista implicada e comprometida –sempre o está nas suas moitas teimas–, ten navegado en tódolos mares, enchendo o seu baúl mundo de experiencias, cun rico bagaxe de referencias, de achádegos, acompañada dunha tripulación de fieis personais e de admiradores. E o ten feito nas baixamares, nas baixías, nos esteiros, nas menguantes e nas mareas cheas que de todo teñen os fluxos das biografías. Repuntar sempre esa parece a súa gran misión, entender os demais e non queixarse en demasía. O fin e o cabo, a vida hai que ila virando, metendo a rede a bordo, con peixe o sen él, e hai que facelo cada día cunha sonrisa fermosa, natural, espontánea, cunha morea de palabras inspiradas que constrúen historias e esperanzas, consolos e alegrías.

A Porteiro respira nos ocasos, ollando cara as Cíes, cecais con nostalxia da Habana ou de Bos Aires, ela que leva imaxes de moito mundo percorrido nos avatares das circunstancias, tamén a través das lecturas innúmeras, curiosas, verdadeiras máquinas do tempo e das distancias, que le permiten crear historias nas que se trama unha biografía propia, rica, intensa, salpicada de retazos e non sempre narrada en toda a súa extensión.

María Xosé Porteiro é en verdade un cosmos de certezas tanxibles; e é memoria mesma, a da Galicia mais recente, da que pode dar testemuña de cada día pola súa participación paulatina nos medios de comunicación, Concello de Vigo, Parlamento galego, Consello da Cultura, Fundación Carlos Oroza, Valedor do Pobo… Goza dun entendemento global con perspectivas europea, foi membro da Asamblea Parlamentaria do Consello de Europa; americana: La Habana, Bos Aires, Montevideo…, tamén colaborou no ‘The Washington Post’, de Alberto Avendaño; e mesmo españolas, con ese Madrid no que naceu, e o que tornou como Deputada no Congreso e directora do Museo del Ferrocarril e de comunicación da Fundación Ferrocarriles Españoles.

Vigo, Santiago, Galicia, España, Europa necesitan de talentos e talantes como o desta muller e profesional que ten aportado un xeito de ser, entender e estar que debese confundir ca convivencia solidaria, pacífica, activa e constructiva. O mesmo mundo global o necesita nun momento de confusións e intromisións inasumibles na vocación da normalidade vital.

Teño a fortuna de coñocer a María Xosé desde moi neno. Fixérame unha entrevista en Radio Popular de Vigo sobre os Maios de Redondela, alá polos 70. Dende entón son o seu amigo, admirador xa o era antes. Cada vez que a atopo, con frecuencia en actos culturais, sinto que as primaveiras poden ser mil mais e que, si dependeran de persoas como ela, o serían para todos en igualdade de xénero e sen distinción de clases.

O Ateneo Atlántico de Vigo acerta na homenaxe que lle rinde nestes días. Un mar de aplausos para ela, unha marea de rosas vermellas.

Outros artigos

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

+

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.