
Xa no mes de maio, unha compañeira do PP de Ribeira e grupo popular fixo unha pregunta sobre o mal estado e a falta de limpeza dos contedores desta cidade. A resposta da concelleira responsable foi que xa tiñan os repostos e tamén ían chegar novas unidades para a súa substitución.
Parécenos que xa pasou un tempo considerable e, incluso no mes de xuño un vándalo incendiou uns contedores na parroquia de Castiñeiras. Nestes momentos, veos populares din que nos encontramos con unha situación xa máis que consideran, insostible.
Os veciños non fan máis que trasladar o seu malestar porque ven como unha cousa tan rutineira como é o depósito diario dos residuos se converte nunha odisea: os sistemas de apertura están rotos, os contedores teñen buracos a ras do solo polos cales se colan todo tipo de animais como cans, gatos, ratas, etc. Ademais, seguen con grandes danos estruturais que poden resultar perigosos porque poden acabar desprendéndose pesas de gran tamaño de ditos contedores.
Todo isto carrexa unha morea de problemas, como que as persoas maiores non poidan depositar as bolsas de residuos no interior porque as tapas non abren co pedal, e fáiselles moi difícil abrir as tapas á man polo seu tamaño e peso. Isto leva a que moitos deixen as bolsas no exterior, co conseguinte problema que iso pode xerar coma reclamo para os animais antes mencionados. Aparte do fedor e da sucidade que é notable neses puntos.
Por todo o exposto, os Populares
- Instan a empresa adxudicataria a arranxar na maior brevidade e urxencia os contedores que todavía poidan ser reparados.
- Substituír os contedores que non poidan ser arranxados, xa que sofren danos graves estruturais.
- Que se faga unha limpeza e desinfección no interior dos contedores regularmente.




