A información facilitada pola Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) sinala un empeoramento das condicións meteorolóxicas en toda a comunidade.
A chuvia afectará con especial intensidade ás provincias da Coruña (Oeste, Sudoeste, Noroeste) e Pontevedra, onde se poderán acumular ata 80 litros por metro cadrado en 12 horas, o que se corresponde cun nivel de aviso laranxa.
Con todo, cómpre extremar as precaucións en toda a comunidade, que se verá afectada por avisos de nivel amarelo tanto por vento como por chuvia.
Ademais, tamén quedará activado un aviso de nivel amarelo para todo o litoral galego.



