En Vilagacía o Festival do Imaxinario (Curtas 24) mergúllanos na literatura fantástica de HP Lovecraft

19 Setembro 2024

A organización do Curtas – Festival do Imaxinario de Vilagarcía de Arousa vén de presentar a imaxe do certame deste ano. Obra do artista arxentino Flavio Greco Paglia, o cartel mestura a literatura fantástica e de terror do escritor HP Lovecraft, coa historia vilagarciá e a tradición galega. De feito, Cthulhu, a criatura cósmica -parte polbo, parte dragón, parte humana-, creada polo escritor estadounidense protagoniza a ilustración na que tamén aparecen un barco pesqueiro galego e un buque da Royal Navy.

Coa presentación do cartel comeza a contra atrás para o inicio a nova edición do Curtas, que se desenvolverá do 24 de outubro ao 2 de novembro.

O Concello de Vilagarcía é o principal patrocinados do evento deste certame internacional dos xéneros audiovisual e fantástico.

Segundo explica a organización do evento, a ilustración de Flavio Grego Plagia celebra a obra do escritor de Providence, e conmemora o 150 aniversario da chegada da armada inglesa a Vilagarcía. “Un océano separa a Providence de Vilagarcía de Arousa, pero as profundidades ás veces tamén unen”, comenta Flavio.

Pola súa banda Luis Rosales, director do festival, comenta: “A imaxineria de Lovecraft cobra vida en Galicia. As nosas costas e paisaxes, que xa foron escenario para adaptacións da súa obra, séntense perfectamente sincronizadas coas súas narracións. Polo que resulta perfectamente natural celebrar a nosa historia, así como as nosas tradicións e costumes máis ancestrais, dotándoas dun halo de horror cósmico lovecraftiano“.

Co apoio do Concello de Vilagarcía de Arousa e a Deputación de Pontevedra, o Curtas Festival do Imaxinario celebrarase do 25 de outubro ao 2 de novembro en Vilagarcía de Arousa para ofrecer unha selección do mellor fantástico internacional.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.