A XXV edición da Carreira Popular de Santa Uxía honra a memoria de Miguel Ruiz

18 Setembro 2024

Ribeira acolleu este 18 de setembro a presentación dun dos eventos deportivos máis populares da contorna e de Galicia; a XXV edición da Carreira Popular Santa Uxía 10K, que na convocatoria deste ano honrará o legado do deportista local Miguel Ruiz co seu I Memorial. Na presentación explicouse que Ruiz foi o gran impulsor desta cita a finais dos noventa do século pasado, gran impulsor do deporte en Ribeira cunha densa traxectoria como responsábel do departamento municipal de deportes.

Á presentación compareceron o concelleiro de Deportes, Xabier Vidal, o presidente da Asociación de Veciños de Carreira, Moncho Sampedro e os técnicos de deportes do Concello. Confirmaron que a Carreira Popular de Santa Uxía vaise celebrar o vindeiro sábado 28 de setembro e está encadrada no décimo circuíto das carreiras populares da Deputación e no sétimo circuíto da Mancomunidade Barbanza Arousa.

As probas comezarán partir das 17:00 h da tarde e contarase con 15 categorías dende nenos menores de seis anos ata a categoría máster catro que son os nados antes do 1964, e tamén se contará coa categoría de zapatilla inclusiva para persoas con diversidade funcional que xa é unha realidade en tódalas competicións de Galicia.

A loxística da carreira vai estar no Malecón, o circuíto (sub 18-máster 4) terá a saída no Mercado Municipal e transcorrerá polo litoral ata a Náutica Pesqueira onde se fará o xiro de volta. A meta estará instalada no Malecón á altura da Cruz Vermella.

Vidal aludiu á comprensión da veciñanza; “Pedir as desculpas aos usuarios dos vehículos polos cortes do tráfico que haberá un pouco antes do inicio da pobra e ata o final da mesma, a entrega de premios será sobre as 19.30 horas”.

Tamén quixo agradecer ao grupo de Emerxencias, á Policía Local e ao GAEM polo seu traballo e esforzo para que a carreira sexa unha realidade.

Pola outra banda Moncho Sampedro, impulsor do I Memorial a Miguel Ruiz, puxo en valor a súa figura como principal impulsor da carreira: “Foi o que sentou as bases para que esta cita sexa das máis importantes da tempada durante 25 anos”.

Toda a información da carreira está pendurada en Ribeira.gal no apartado de Deportes.


Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...