Cortizo inaugura en Padrón un innovador Campus Tecnolóxico cun investimento de 40 millóns de euros

17 Setembro 2024

Este martes, Cortizo celebrou a inauguración do seu novo Campus Tecnolóxico en Padrón, un proxecto que se propón ser un referente internacional no deseño e construción de fachadas a medida. A multinacional do aluminio investiu 40 millóns de euros na construción destas modernas instalacións, que albergarán a máis de 250 profesionais, entre arquitectos, arquitectos técnicos e enxeñeiros, dedicados ao deseño de fachadas para edificios en todo o mundo.

O Campus Tecnolóxico Cortizo abarca 46.000 metros cadrados de áreas verdes e conta cun complexo de 25.000 metros cadrados que inclúe un edificio de investigación, un laboratorio para ensaios, e un edificio social con auditorio, restaurante, ximnasio e aulas de formación. A empresa cualificou estas instalacións como un “polo de innovación” no rural galego.

Durante a inauguración, o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou a importancia da iniciativa para reter e atraer talento en Galicia. Rueda subliñou o compromiso da Xunta cos proxectos empresariais que promovan unha industria máis innovadora e sostible na rexión.

“É unha aposta mutua, a de Cortizo por confiar no proceso que lle ofrecemos e a da Xunta por asegurar que todo saíse ben. Creo que isto demostra que en Galicia hai talento e unha vocación de continuidade, un tesouro que debemos apoiar”, afirmou Alfonso Rueda.

Desde as novas instalacións en Padrón, deseñaranse envolventes de edificios personalizadas, adaptadas ás normativas e características de cada país, con capacidades para resistir fenómenos naturais como furacáns, terremotos ou incendios.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.