110 persoas participaron na ruta rosaliana As Pegadas de Rosalía

16 Setembro 2024

Os concellos de Ames, Brión, Dodro e Padrón organizaron este pasado sábado, 14 de setembro, unha saída pola ruta rosaliana que transcorreu polos lugares máis emblemáticos da vida de Rosalía de Castro e o seu legado literario. A ruta comezou no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns, e rematou na igrexa de Santa María de Iría Flavia cun concerto de Manoele de Felisa, que interpretou varios poemas de Rosalía musicados por el. Esta peregrinaxe literaria, a través da cal se pon en valor a vida e obra de Rosalía, tivo unha participación de 110 persoas.

A xornada comezou ás 10.00 horas no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns. Antes de comezar a ruta, os alcaldes de Ames, Blas García; Padrón, Anxo Rei, e Dodro, Xabier Castro; así como a concelleira de Brión, María Rosa Romero, déronlle a benvida a todos/as os/as participantes e destacaron a relación que tivo Rosalía de Castro cos seus respectivos concellos. Ademais, participaron na ruta o concelleiro de Xestión do Medio Natural, Atención ao Rural e Patrimonio, Javier Antelo, así como Oliva Agra e Pablo Beiroa do grupo municipal do Partido Popular.

Despois de estar no Pazo da Peregrina, os/as participantes desprazáronse ata a Casa da Tarroeira, en Ortoño, que foi propiedade da familia paterna de Rosalía. De seguido, fixeron unha pequena camiñada por detrás de dita casa, cara o Castro de Ortoño que rematou na Condomiña. A continuación fíxose un descanso para repoñer forzas.

Dende Ames, os/as participantes desprazáronse en autobús ata o concello de Brión, onde estiveron na igrexa de Bastavales, cuxas campás protagonizan un dos seus versos máis afamados e soaron para o deleite das persoas participantes. En Bastavales tamén se fixo un pequeno tramo da ruta a pé pola aldea de Soigrexa, lugar vinculado tamén a Rosalía, xa que alí tivo amizades.

Durante a ruta contouse coa colaboración de Lucía Picallo, guía oficial de Turismo de Galicia; e coa interpretación de dúas actrices: Ana Otero e Chiruca Tarrío, que estiveron caracterizadas de Rosalía de Castro.

Dende Brión, os/as participantes volveron desprazarse en autobús, neste caso a Padrón, onde a súa chegada tiveron tempo libre para descansar e comer. Xa pola tarde proseguirase o itinerario previsto polos concellos de Dodro e Padrón, visitando a escultura que se atopa no Espolón. Dende aí desprazáronse a Dodro, para visitar as Torres de Hermida, situadas en Lestrobe.

Despois de estar en Dodro, volveuse a Padrón para visitar a Casa da Matanza, última morada da autora e sede actual da fundación que leva o seu nome. O itinerario da ruta rematou na igrexa de Santa María de Iría Flavia cun concerto de Manoele de Felisa, que interpretou varios poemas de Rosalía musicados por el.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.