Etiqueta Negra leva a Boiro (este venres) o espectáculo Go Home

09 Setembro 2024

A compañía Etiqueta Negra e os actores David Amor e Josito Porto van representar en Boiro, este venres 13 de setembro, o espectáculo para público adulto Go Home, ás 21.00 horas na Casa da Cultura de Boiro.

As entradas estarán dispoñíbeis na billeteira dende unha hora antes da función, segundo informou a Concellaría de Cultura de Boiro.

Go Home é unha peza teatral escrita por José Prieto e con dirección de Tito Asorey.

Go Home é unha comedia negra e, tamén, unha peza comprometida coa realidade que conta a historia de David, un fanático das viaxes que xa fixo todas as andanzas que as axencias de turismo lle podían ofertar… Todas, agás unha en concreto. Comeza así o secuestro do protagonista, a quen se lle abrirá todo un mundo de emocións ante a dúbida de se o que está a vivir é real.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.