“Palangreiros galegos e bascos continuarán a captura de patudo, rabil e listado outros dous anos máis no Pacífico”. Antón Luaces

07 Setembro 2024

Dous anos máis. Este é o prazo que amplía á frota española -a única da Unión Europea que faena na área do Pacífico oriental- a Comisión Interamericana de Atún Tropical (CIAT) que regula a pesca de túnidos nesa zona.

A medida beneficia a 38 buques palangreiros con base en portos de Galicia e 4 cerqueiros de Euskadi que capturan as xa citadas especies: patudo, rabil e listado. A decisión foi adoptada na 108ª sesión da Comisión de CIAT, reunida en Panamá entre o 4 e o 6 deste mes  para constatar a efectividade das medidas adoptadas vai dous anos en relación coa boa saúde actual das reservas de patudo e listado. Deste xeito se chegou á decisión de prorrogar as devanditas medidas durante outros dous anos máis. No que atinxe ao rabil vánse reforzar e relaxar as medidas en base aos resultados da avaIiación do estado desta especie.

As medidas vixentes no bienio 2022-2024 teñen en conta as restricións recoñecidas no modelo de xestión baseado no esforzo de pesca, coa limitación da capacidade e o número de días, establecendo unha  veda de 72 días na área do convenio, cunha extensión de 8 días adicionais para os barcos que realizan maiores  capturas de patudo.

Para o sector palangreiro, a comisión da CIAT aprobou medidas que garanten unha liberación segura das quenllas vivas, mentres proseguirán os estudos sobre as poboacións de quenllas vulnerabeis. Este aspecto é moi favorable para a frota palangreira galega, que captura especies de quenllas comerciais, cuxas reservas están en bo estado e que xa practica as medidas acordadas.

Outras dúas medidas propostas pola UE foron aprobadas pola comisión. Unha delas, sobre a mellora do control dos buques de captura e as granxas, de tal xeito que  o seu marco de ordenación se asemelle ao que regula a pesca desta especie no Atlántico e no Mediterráneo. A segunda medida é a petición do Comité Científico Asesor  de que emita unha recomendación sobre a pertinencia de ìnstalar  dispositivos de control de peixes, como xa se aprobara para o Océano Índico.

Outros artigos

“Desde la ventana”. Mario Clavell

En este martes laborable miro desde mi ventana de trabajo el valle del Sarela, monte Pedroso detrás, los cultivos agostados debajo, el barrio de Casa Novas y la Casa del Presidente. Nubes de otoño y algunas gaviotas que planean. Chopos y plátanos amarillean en este...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

Maricarmen tiene 87 años y vive en la misma casa desde 1956, cuando su padre firmó un contrato de alquiler. Ha pasado allí casi toda su vida. Con el paso del tiempo y las correspondientes subrogaciones familiares, terminó por convertirse en la última inquilina de una...

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

Despunta el otoño sobre la ría de Arousa con una claridad de plata vieja y salitre, mudando los pinares de la isla de A Toxa en un mirador de sosiego donde la Galicia más atlántica y liberal renueva su vocación de encuentro. En este umbral de octubre, cuando la brisa...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.