Muros celebra desde este martes 10 a “I Semana da Historia”

08 Setembro 2024

O Concello de Muros coa colaboración da Deputación da Coruña e do Grupo de Estudos Territoriais da Facultade de Socioloxía da UDC, vai realizar a “I Semana da Historia de Muros”, unha novidosa iniciativa que se celebrará entre o 10 e o 13 de setembro e que busca poñer en valor a historia da vila dende a súa creación para así poder mirar cara ao seu futuro.

Así, do 10 ao 13 de setembro a Fábrica de Sel será escenario dun encontro entre expertos en diversas disciplinas abordarán aspectos clave da historia e do patrimonio local nunha serie de relatorios e debates que culminarán cun concerto de clausura.

PROGRAMA | CARTEL

MARTES, 10 DE SETEMBRO 20:00H

  • Acto institucional de presentación das xornadas
  • A historia de Muros a través do Arquivo Municipal
    • María Mayo, Licenciada en Historia da Arte (USC)
    • Pepa Fernández Fernández, Licenciada en Historia (USC)

MÉRCORES, 11 DE SETEMBRO 20:00H

  • A vila medieval de Muros: claves para interpretar unha paisaxe urbana de séculos
    • Pedro García Vidal, Doutor en Xeografía Humana (USC)

XOVES, 12 DE SETEMBRO 20:00H

  • Arquitectura do ocio en Muros: Teatro Mercedes, Cine París e Cine Avenida
    • Margarita Novo Malvárez, Doutora en Historia da Arte (UIB)

VENRES, 13 DE SETEMBRO 20:00H

  • Retrospectiva e Prospectiva: Un Debate entre A Historia e o Futuro de Muros
    • Modera: Iria Caamaño Franco, Doutora en Turismo (UDC)
    • Isidro Dubert García, Catedrático en Historia Moderna (USC)
    • Alfonso Blanco Quintela, Licenciado en Filoloxía (USC)
  • Cine París en Concerto: Melodías dunha Época
    • (Escola Municipal de Música de Muros)
  • Clausura institucional

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.