Accidente de tráfico entre un coche e unha moto cun ferido no lugar das Pedriñas, concello de Rianxo

01 Setembro 2024

Os bombeiros do parque Comarcal Provincial de Boiro foron requiridos ás 21:17 horas do día 31 de agosto por un accidente na estrada AC-305 á altura do punto quilométrico 13,5 situado no lugar das Pedriñas, nocConcello de Rianxo. Tratábase dun accidente con feridos por choque entre un coche e unha moto.

Chegados ao lugar, os bombeiros do parque Comarcal Provincial de Boiro foron informados polo persoal sanitario da ambulancia do 061, que estaba xa no lugar, de que hai un só ferido. Tratábase do piloto dunha motocicleta que tiña politraumatismo no costado esquerdo e que houbo que inmobilizar para posteriormente colocalo en bloque nunha padiola. Os bombeiros axudan nas manobras necesarias para a mobilización. Posteriormente o persoal médico faise cargo do ferido.

Os bombeiros do parque Comarcal Provincial de Boiro verificaron que a motocicleta non estaba vertendo líquidos esvaradíos e que non tiña riscos asociados. Esperaron á chegada da patrulla da Garda Civil de Tráfico e retiráronse do lugar dado que non había necesidade de limpeza, nin de traballos técnicos.

No operativo participou tamén a Policía Local de Rianxo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.