Un veciño de Boiro, evacuado con síntomas de intoxicación por inhalación de fume a causa dun incendio na súa vivenda

29 Agosto 2024

Os bombeiros do parque Comarcal Provincial de Boiro foron alertados ás 14:51 horas deste mediodía dun incendio nunha vivenda na Rúa Vimieiro, no Concello de Boiro. O afectado foi derivado ao Punto de Atención Continuada do Centro de Saúde da localidade.

A incidencia foi ocasionada por unha tixola ao lume, extinto o fume polos propios inquilinos da vivenda. Foron trasladadas ao centro sanitario por inhalación.

Á chegada dos bombeiros, o lume fora practicamente sufocado polos veciños, que acudiron para axudar, así que os efectivos do parque comarcal de Boiro centráronse en ventilar e comprobar que o lume estaba ben apagado.

Certamente, atopáronse coa vivenda chea de fume, posiblemente polo incendio dunha tixola que quedara esquecida no lume.

A maiores, na casa había acumulados moitos obxectos, polo que solicitaron o apoio das forzas da orde para coñecer con detemento a situación.

Quen chamou ao 112 para alertar polo incendio foron os axentes da Policía Local, pouco antes das tres desta tarde, que estaban de camiño ao domicilio, na Rúa Vimieiro, en Boiro. A partir de aí, activáronse os protocolos correspondentes para completar o operativo cos membros do Servizo Municipal de Protección Civil. Garda Civil e Urxencias Sanitarias de Galicia-061. 

Finalmente, un dos ocupantes da vivenda tivo que ser trasladado ao centro sanitario tras inhalar fume do incendio.

Dotación de bombeiros do Consorcio Contra Incendios e Salvamento de A Coruña con base en Boiro interviron en incendio de vivenda na Rúa Vimieiro no Concello de Boiro, xunto Garda Civil, 061, Policía Local e SMPC.

O labor dos bombeiros consistiu na comprobación da vivenda, equipados con ERAS e mediador de gases, cámara térmica e extintor.  Ventilaron de forma natural coas fiestras e ventás a vivenda e cortaron os servizos de gas e cadro eléctrico por seguridade.

Completaron o operativo a Policía Local de Boiro, a Garda Civil de Boiro, o 061 e o SMPC de Boiro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.