Este venres 16, San Roque e San Esteban, mantense a influencia anticiclónica sobre Galicia, aínda que ao final do día unha fronte moi pouco activa chegará polo noroeste. Con esta situación, agárdase unha xornada de tempo seco e de sol. Cara á noite entrarán as nubes baixas polo litoral coruñés, con orballos na madrugada. As temperaturas experimentarán un lixeiro ascenso. O vento soprará frouxo de compoñente norte, moderados nas Rías Baixas.
O sábado lixeiro empeoramento co paso dunha fronte pouco activa que rozará o norte de Galicia. Risco dalgunha chuvieira na ría de Muros e Noia e norte.

O noso mar: Vento do norte á mañá, do noroeste á tarde e do norte á noite, forza 2 a 4 á mañá e á noite e 3 a 5 á tarde. Mar ovellado á mañá e á noite e marusía á tarde. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0.5 a 1 metros á mañá e 0.5 a 1.5 metros á tarde e á noite.
Cámaras web da comarca (algunha pode nun funcionar puntualmente)
- Coroso directo _ Santa Uxía de Ribeira
- Praia de Balieiros directo- Corrubedo
- Praia da Ladeira directo- Corrubedo
- Praia das Furnas directo. Porto do Son
- Praia Aguieira directo.Porto do Son
- Portosín. Porto do Son
- Sálvora. Santa Uxía de Ribeira
- Pobra do Caramiñal directo. A Pobra
- Centro Náutico do Freixo
- Praia de Carnota
- Praia de Corón Vilanova de Arousa
- O Grove



