Unha fronte afectará durante o martes a Galicia, deixando abundantes nubes e precipitacións, máis probables no terzo norte. Temperaturas en lixeiro descenso. Os ventos soprarán de compoñente oeste, frouxos, con intervalos de moderado entre Bares e Fisterra.
O mércores regresa o sol e empezan a subir as temperaturas.

O noso mar: Vento do norte á mañá e á tarde e do norte á noite, forza 2 a 4 á mañá, 3 a 5 á tarde e 2 a 3 á noite. Marusía á mañá, forte marusía á tarde e mar ovellado á noite. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 1.5 a 2 metros á mañá e á noite e 1.5 a 2.5 metros á tarde.
Cámaras web da comarca (algunha pode nun funcionar puntualmente)
- Coroso directo _ Santa Uxía de Ribeira
- Praia de Balieiros directo- Corrubedo
- Praia da Ladeira directo- Corrubedo
- Praia das Furnas directo. Porto do Son
- Praia Aguieira directo.Porto do Son
- Portosín. Porto do Son
- Sálvora. Santa Uxía de Ribeira
- Pobra do Caramiñal directo. A Pobra
- Centro Náutico do Freixo
- Praia de Carnota
- Praia de Corón Vilanova de Arousa
- O Grove



