A 2ª edición de Rianxo Gaming vén con charlas orientadas á mocidade e ás familias

02 Agosto 2024

O Campo de Arriba de Rianxo vai acoller o 10 de agosto a segunda edición da feira de videoxogos Rianxo Gaming, evento anual dedicado ao mundo gamer poñendo o foco na súa vertente máis creativa, participa, cultural e, tamén, profesional e empresarial. Cun formato de feira, o evento inclúe unha variedade de actividades como charlas, obradoiros, competicións de eSports, retro-gaming, realidade virtual, tendas e música en directo.

No apartado de divulgación educativa, este ano haberá dúas charlas orientadas á mocidade e ás familias. Por unha banda Mulleres gamers, retos e desafíos, unha mesa redonda para coñecer a perspectiva das mulleres na industria do gaming, da man dalgunhas das súas protagonistas, gamers e influencers, que falarán sobre as súas propias experiencias. Pola outra, Familia, eu quero ser youtuber, unha charla que vai dirixida ás familias para axudar a coñecer as oportunidades laborais que xorden da creación de contidos para as redes sociais, pero tamén dos riscos que van asociados a este tipo de actividades.

O evento está promovido polo Concello de Rianxo e a produción técnica é de Lúa Gaming, a empresa galega de deportes en liña e eventos.

No evento participan o Museo do Videoxogo, A Vella Escola Cultura Urbana, a Escola de Música de Rianxo, e no apartado audiovisual coa realización de Volvemos a Primera Producciones.

Colaboran co evento A Túa Xanela, ROT SL, Mínimo Eventos, Creade Impresión Dixital, BEEP Rianxo, Libreria Xacobiño, Librería Cándido, Kiosco José Ramón, Rent Galicia Inmobiliaria e Asociación A Moreniña.

Máis información: gamingrianxo@gmail.com ou en @rianxogaming (Instagram).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.