Clausurada na Asociación Ambar, de Ribeira, os obradoiros de capacitación dixital para a detección de violencias sexuais

02 Agosto 2024

Os obradoiros de capacitación dixital para a detección de violencias sexuais que desenvolveu a área de igualdade da Deputación en centros de atención a persoas con diversidade funcional en diferentes concellos da provincia remataron onte na asociación Ambar, de Ribeira. A deputada de igualdade, Soledad Agra, acudiu a esta última xornada, acompañada da concelleira de igualdade de Ribeira, Cruz Rivadulla, onde estiveron coa presidenta e a directora da asociación, e comprobaron en primeira persoa o funcionamento das sesións.

Estes obradoiros dirixidos a persoas con diversidade funcional para a identificación e prevención das violencias dixitais chega así ao seu fin, “unha iniciativa que parte do noso compromiso de alongar as actividades do 8M durante todo o ano, levándoas a espazos nos que non se adoitan celebrar este tipo de actividades”, sinalou a deputada.

Soledad Agra destacou tamén o labor de Ambar, “que ademais de contar cunhas instalacións incribles, realiza un excelente traballo nos servizos de atención a persoas con diversidade funcional en todos os seus ámbitos, e tamén de apoio e respiro coas familias” apuntou. “O grupo de teatro das mulleres usuarias é un verdadeiro exemplo de como se pode traballar a igualdade de xénero tamén dende centros como este”.

Ademais, a área de igualdade da Deputación e a asociación Ambar abordaron posibles vías de colaboración a través de outras iniciativas, “visto o éxito destes obradoiros e tamén o bo facer da entidade” engadiu Soledad Agra.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.