O Centro Social de Escarabote (Boiro) vai acoller este martes 30 de xullo un espectáculo familiar de maxia a cargo de Jorge Lorenzo, organizado polo Concello de Boiro, coa colaboración da Deputación. Trátase de Imposibles o Improbables, unha función prevista para as 20.00 horas no dito Centro Social e orientada ao público infantil e familiar.
Segundo explica o propio Jorge Lorenzo dende a súa web, Imposibles o Improbables é un espectáculo de maxia fascinante e familiar que ofrece unha viaxe a través “do inverosímil e o extraordinario”. Presentando grandes ilusións, maxia impactante e altamente visual, así como unha interacción activa coa audiencia, este espectáculo promete emocionar e asombrar a todos os presentes.




