A nova praza do Concello de Outes será unha contorna accesíbel e conectada co paseo fluvial

22 Xullo 2024

Este mes de xullo arrincan os traballos en Outes para remodelar a praza de Concello, e poñéndoa ao servizo da veciñanza. Segundo explica o Goberno local, a praza é usada na actualidade en exclusiva como estacionamento de vehículos, polo que se concibiu un proxecto para humanizala, para recuperar a beleza do enclave e para mellorar a conexión co paseo fluvial, o cal implica resolver a accesibilidade para as persoas á mesma. Por este motivo, o proxecto implica a construción dunha rampla que permitirá o uso pleno das persoas con mobilidade reducida. O Concello explicou que esta construción garantirá a accesibilidade ao tempo que respectará a estrutura e deseño da praza. Porén, explican, resultou preciso prescindir de dúas árbores nun dos laterais da praza, “pois dende o punto de vista técnico non se atopou outra alternativa viábel”.

O custe das actuacións é de 202.500 €, e están financiadas ao 100% con fondos Next Generation a través Plan de Sostenibilidade do Xeodestino da Ría de Muros e Noia. Prevese que a duración das mesmas sexa duns 4 meses.

Coa finalidade de ilustrar á cidadanía sobre o cometido das obras, o Concello compartiu un pequeno audiovisual nas redes sociais. O proxecto obtivo financiamento a través do Plan de Sustentabilidade Turística da Ría de Muros e Noia.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.