A partir de setembro, o alcalde de Outes, Manuel González, deixará de ter dedicación exclusiva e compatibilizará o seu cargo co seu posto de profesor de Economía na USC. O cambio a dedicación parcial do rexedor foi aprobado no último pleno.

Será Albela Quintela, concelleira de Obras e Servizos, quen asumirá unha dedicación exclusiva. As modificacións aprobadas supoñerán un aforro de 40.000 euros anuais para as arcas municipais.
O alcalde continuará realizando un seguimento diario dos asuntos municipais e que acudirá á casa do concello de maneira habitual, salvo en momentos puntuais.
Sobre os motivos desta decisión, Manuel González expresou o seu desexo de retomar o exercicio da súa actividade profesional, aínda que recalcou que o seu obxectivo é que esta situación non afecte en ningún caso á súa dedicación municipal.



