Ribeira celebra o San Cristovo este domingo

12 Xullo 2024

Dous periodos de festas habia en Ribeira. As tradicionais do verán en agosto, que co paso do tempo foron tomando mais pulo ata converterse nas principais, e as dá Patroa, en setembro. Por certo estas últimas chegaban a xuntar as celebracións de varias festas locais e nalgunha ocasión tiveron duas semanas enteiras de duración

San Cristovo apr- 1960. Arquivo Joferpa. Riveira.eu

A imaxe que recollemos da web riveira.eu, amosa a celebración da festa en honra a San Cristovo patrón dos condutores no ano 1960. A imaxe, que sirve de base para o cartel da festa, amosa a imaxe do santo subida a un camión que se colocaba diante do Consistorio e os vehículos pasaban por diante mentres desde a “Sala de Festas Cambeiro” enfronte xusto dá imaxe e desde onde se tomou esta fotografía o sacerdote bendecía os vehículos. Por certo á dereita do camión aparece precisamente, Xosé Fernández Cambeiro, daquela concelleiro municipal ribeirense. Desta fotografia existe amais outra copia pero en branco e negro.

Pero falando xa da celebración deste ano salientar que o acto principal terá lugar este domingo día 14 as dez da mañá cunha concentración de vehículos de todo tipo no Malecón de Ribeira. O chamamento foi lanzado polo Concello en colaboración coa asociación Alfaia e a Parroquia de Santa Uxía para honrar a San Cristóvo.

O ambiente festivo non só afectará ao Malecón, senón que se estenderá por outros puntos do centro urbano da man da agrupación folclórica Xiada, que ás once ofrecerá un pasarrúas. A formación musical iniciará o seu percorrido en Bandaorrío.

O escenario da celebración trasladarase ao mediodía á igrexa parroquial de Santa Uxía, onde se oficiará a misa en honra de San Cristóbal. A liturxia oficiarase en memoria de todos os falecidos en accidentes de tráfico e incluirá nesta ocasión unha homenaxe ás forzas e corpos de seguridade do Estado.

Tras a misa, terá lugar unha procesión, encabezada pola imaxe de San Cristóbal, ata o Malecón, onde se procederá á bendición de todos os vehículos presentes. Está prevista a participación de integrantes do club local Os Reventapistóns. E, como colofón, motos, coches e camións emprenderán un percorrido que discorrerá por rúas como a avenida da Coruña e Miguel Rodríguez Bautista, para culminar en Pórta do Sol.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.