O envorco dun camión dunha orquesta na parroquia de Fecha, en Santiago de Compostela, deixou dúas persoas feridas leves e provocou unha fuga de combustible.
O tráiler, cargado co material du grupo de música, dirixíase a Baio para a sesión vemú cando envorcou e quedou atravesado na vía.

O accidente rexistrouse minutos despois das 9:30 horas e as persoas resultaron feridas leves.
Un camión envorcou esta mañá en Santiago cando circulaba polo quilómetro 4 da DP-0701, situado na parroquia de Fecha. O condutor e o seu acompañante, únicos implicados, conseguiron saír ao exterior polos seus propios medios e foron atendidos con feridas leves.
Os axentes da Garda Civil de Tráfico sinalaron a necesidade de interromper o tráfico no punto: cando envorcou, o camión levou por diante un poste eléctrico xunto cuns cables que tamén era necesario retirar.
Ata o lugar desprazáronse os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Santiago, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada, así coma un técnico da empresa encargada da subministración eléctrica na zona.



