O vindeiro 15 de xullo vai facerse pública a sentenza final da vista oral do recurso o 13 de decembro de 2022 pola Organización de Produtores de Burela que o Tribunal Xeral da Unión Europea en Luxemburgo xa celebrou. En conxunto son 16 as compañías afectadas polo veto da Comisión Europea á pesca de fondo en 87 zonas de augas comunitarias estabelecido no Regulamento 2022/1614. A vista oral é a parte final do procedemento no que están persoadas a OPP, de Burela, a Xunta de Galicia e o Estado español. A sentenza vai facerse pública previsiblemente a finais deste verán ou principios do outono.
A criterio da OPP de Burela, os xuíces entenderon correctamente as probas presentadas no que fai referencia ao palangre demersal no senso de admitir que este tipo de arte no ten impacto nos fondos mariños e as graves consecuencias e anomalías derivadas da súa prohibición. Durante o procedemento xudicial xa se aportaron estudos de tipo socioeconómico realizados pola Universidade de Santiago de Compostela. Os de tipo cartográfico para demostrar as diferencias entre zonas de Europa, e outro de caracterización técnica do palangre de pescada liderado polo Instituto Español de Oceanografía (IEO) con resultados da campaña realizada nio derradeiro trimestre de 2023.
Na OPP de Burela xa sabìan que ía ser un proceso lento e caro en tempo e diñeiro; mais consideraron que terían que acodir a defender a súa frota porque nesta norma tan desproporcionada ponse contra as cordas a viabilidade das empresas que manteñen un xeito de pescar totalmente tradicional coa arte de pesca máis selectiva que existe (o palangre) que, no caso da pescada, xa se demostrou quwe non ten impacto no fondo mariño.
As demandas presentadas piden a anulación deste Regulamento considerado “desproporcionado e discriminatorio” na ampliación das vedas, e por considerar que non houbo un proceso axeitado de consulta pública, a falta de informes previos de impacto socioeconómico e ausencia de datos de impacto diferenciado por artes de pesca.
O impacto sufrido por esta frota palangreira supera o 30% anual no seu volume de capturas, o que -segundo a OPP de Burela- fai totalmente inviable o seu futuro.



