A Xustiza anula a sanción de 600 euros imposta ao veciño de Rianxo que solicitou ser atendido en galego durante un cribado da COVID

08 Xullo 2024

Finalmente xa hai sentenza xudicial do caso do veciño de Rianxo do que falamos os días pasados dende este medio e que fora sancionado por reclamar ser atendido en galego no Centro de Saúde de Rianxo, en abril de 2021. O Xulgado do Contencioso Administrativo de Santiago de Compostela a respecto dos feitos acontecidos en 2021, cando un veciño de Rianxo esixiu ser atendido en galego nun cribado da COVID19, anulou finalmente a sanción de 600 euros imposta no seu momento pola Subdelegación do Goberno e recorrida posteriormente pola Mesa pola Normalización Lingüística.

O xulgado considera que “non está probado que o cidadán alterara o funcionamento do Centro de Saúde” e deixa, polo tanto, sen efecto a sanción de 600 euros inicialmente imposta pola Subdelegación do Goberno, en aplicación da coñecida como Lei Mordaza.

Porén, a Xustiza sanciónao por uns feitos distintos, impoñéndolle unha multa de 160 euros por unha infracción de “falta de respecto aos axentes da Policía Local de Rianxo”, feitos que, segundo lembrou A Mesa, “non encaixan na tipicidade pola que a Subdelegación incoou o procedemento sancionador, conculcando así principios básicos do ius puniendi que inspiran o dereito administrativo sancionador, como son o principio de tipicidade e o de congruencia do pronunciamento”.

A Mesa recorda que calquera cidadán ou cidadá que vexa vulnerados os seus dereitos lingüísticos pode solicitar axuda a través da Liña do Galego e insiste en que se puxeron en contacto coa Delegación do Goberno en Galiza, para pedir unha xuntanza co responsábel e para exixir formación en materia de dereitos lingüísticos para as forzas e corpos de seguridade do Estado, co obxectivo de que esta situación non se volva repetir.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.