Falece unha persoa tras ser atropelada en Vilagarcía

07 Xullo 2024

A vítima mortal, un varón duns 75 anos, estaba de veraneo na vila coa súa familia. O accidente sucedeu na Avenida Rosalía de Castro, na recta de Carril, nun paso de peóns con regulación semafórica.

Un helicóptero medicalizado desprazouse ata o lugar dos feitos, sen embargo, nada se puido facer por salvarlle a vida.

Eran as 11:40 horas desta mañá cando o 112 Galicia tivo constancia do suceso. Un alertador daba conta dun atropelo a unha persoa de avanzada idade na PO-548, á altura do número 78, na recta de Carril, no termo municipal de Vilagarcía de Arousa. Aseguraba que estaba totalmente accesible pero que asemellaba estar ferida de consideración.

De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia puxeron os feitos en coñecemento do persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que derivou ao punto o helicóptero medicalizado con base en Santiago de Compostela. De igual xeito, foron informados os Bombeiros de Vilagarcía, os axentes da Policía Local e os efectivos do Servizo Municipal de Emerxencias da localidade.

Con todo, unha vez no lugar, os profesionais sanitarios tan só puideron certificar o falecemento da persoa

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.