Peñas Boiro ten preparadas dúas grandes citas lúdicas no marco do programa das Festas do Verán 2024

27 Xuño 2024

O Concello de Boiro colabora con Peñas Boiro AC na celebración de dúas actividades encadradas nas Festas do Verán 2024. A concelleira de Cultura, María Outeiral, participou este xoves 27 de xuño na presentación do programa xunto con David Laíño e Noelia Castaño, membros da asociación.

A primeira das datas de Peñas Boiro no marco das Festas do Verán será o venres 5 de xullo coa celebración da IV Remember Fest na Cachada, que comezará ás 23.00 horas coas actuacións dos picadiscos Marcos Magán, Xacobo de Mínimo Eventos e Tito Maverick. Previamente a charanga Mekanica Rolling Band fará unha ruada peñeira.

As actividades continúan o luns co XVI Luns das Peñas. A actividade comezará no parque da Cachada ás 11.30 horas coa xuntanza de grupos; ás 12.00 horas darán comezo os xogos peñeiros con xogos clásicos como o tiro á corda e algunhas novidades; tamén ás 12.00 horas haberá festa infantil na pista da Cachada, con inchables e festa da espuma para os máis pequenos.

Ás 13.45 horas celebrarase a festa da auga, que comezará co mangueirazo de honra que este ano correrá a cargo da bioquímica Vera García Outeiral. Bruno Deejay será o encargado da sesión musical na sesión vermú antes da comida peñeira, para a que se necesita inscrición previa.

Pola tarde haberá sesión musical a partir das 17.00 horas con Manu X, Rubén de Mínimo Eventos; Marcos Magán e DJ Sonic. Dende Peñas Boiro agradeceron a colaboración de todas as persoas que fan posíbel a celebración destes eventos e indicaron que “están a venda os vasos e as pulseiras de Peñas Boiro cos que calquera pode colaborar para que sigamos facendo estas festas”.

Pola súa parte a concelleira, María Outeiral, agradeceu o traballo de todas as persoas que forman parte de Peñas Boiro AC e que “se esforzan en levar a cabo actividades culturais no noso Concello e que, como cada ano, teñen un peso importante na programación das Festas do Verán 2024”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.