O Concello de Muros conmemora as Festas de San Pedro cunha axenda para todas idades (e até o domingo)

27 Xuño 2024

O Concello de Muros celebra desde este venres 28 de xuño e ata o domingo 29 as súas Festas de San Pedro, cunha variada programación para todas as idades.

Como gran novidade, este ano celébrase mañá venres 28 a Festa do Orgullo, coincidindo co Día Internacional do Orgullo LGBT. Haberá concentración, lectura dun manifesto reivindicativo e, ás 19:00 horas no Curro da Praza, Festa Holi. Muros con Orgullo, antes da actuación das orquestras Miramar e Claxxon.

O sábado 29 haberá procesión e misa cantada, varias actuacións musicais, entre elas a de Paco Nogueirad, e fogos de artificio, mentres que o domingo, como fin de festa, Muros acollerá A Noite da Nasmo, un festival cos grupos dos locais de ensaio municipais.

“Estou convencida de que serán unhas festas moi especiais, ás que quero convidar a toda a veciñanza e os visitantes”, asegura alcaldesa de Muros, María Lago.

Outra das novidades será a sesión vermú do domingo e os fogos de artificio cambian o emprazamento e serán lanzados dende unha plataforma dende o mar, para minimizar os riscos e non causar molestias aos usuarios do porto.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.