Ribeira adxudica a adecuación funcional, mellora e modernización da rúa Mendiño

26 Xuño 2024

Actualmente esta rúa está formada por unha calzada ampla, con aparcamento en liña en ambas as marxes ademais da zona de rodadura, e beirarrúas estreitas para a circulación de peóns.
O proxecto co fin de mellorar as condicións de accesibilidade e funcionalidade da zona, modernizará a rúa creando unha plataforma única na que vehículos e peóns circulen na mesma cota, pero dando preferencia ao tránsito peonil.
Para iso substituirase o aglomerado da calzada, a baldosa e o pavimento de laxas de pedra nas beirarrúas, por un pavimento de formigón, de cor similar ao existente na zona, a elixir pola dirección de obra, cada certa distancia se intercalarán franxas transversais de pedra.
Tamén serán renovados, mellorados e modernizados os servizos de saneamento, pluviais, e abastecemento de auga potable. Habilitaranse en cálea espazos para a colocación de árbores que contribúen á ornamentación e modernización da rúa.
Desta forma, atendendo ao número de establecementos situados nesta contorna, mellórase e potencia esta zona comercial do centro urbano, satisfacendo así a demanda existente por parte deste colectivo.
Coa intervención proposta na presente memoria preténdese ademais o embelecemento, restauración e ornamentación da zona, mellorando a imaxe dunha zona tan céntrica e dentro da considerada zona comercial da poboación.
Adxudicouse por un valor de 109.122,47 euros a mellora da rúa Mendiño de Ribeira con fondos Next Generation a empresa Excavaciones Mina S.L.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.