
Este venres 28 de xuño Boiro celebra o Día Internacional do Orgullo LGTBI na praza de Galicia, cun gran programa de actividades que darán comezo a partir das 17.00 horas, organizadas polo Concello e o grupo local de voluntariado Turbina.
As actividades desenvolveranse o venres pola tarde na praza de Galicia a partir das 17.00 horas, cando haberá un mural colaborativo do orgullo para o que se farán dúas quendas de 25 persoas cada unha.
Ás 17.30 horas haberá un obradoiro de tie-dye e ás 20.00 horas celebrarase a lectura do manifesto e seguidamente actuación da DJ Pájara Boba. O programa de actividades rematará cunha batalla holi que dará comezo ás 20.30 horas.
A concelleira de Cultura, María Outeiral, convidou á veciñanza a participar neste acto “que é un día para reivindicar e tamén para celebrar, e énchenos de orgullo que a programación de actividades parta do grupo Turbina que sempre están dispostos a colaborar na programación de actividades”.
Programa
17.00h – mural do orgullo
17.30h – obradoiro Tie-Dye
20.00h – lectura do manifesto e DJ pájara boba
20.30h – batalla holi



