Abre para o uso cultural o pavillón modernista oculto no San Martiño Pinario

18 Xuño 2024

A cidade de Santiago, estandarte dos estilos románico e barroco, agochaba tras os muros do San Martiño Pinario unha xoia da arquitectura modernista da que sabían moi poucos cidadáns. É o denominado Pavillón Historicista, que agora abre ao público como un novo espazo cultural e de exposicións.

E un pavillón de estilo modernista, oculto tras os muros do segundo mosteiro máis grande de España (o primeiro é o do Escorial). O pavillón foi construído entre mediados do XIX e comezos do XX para unha exposicion rexional e, despois, usado como almacén de albanelería, obradoiro de cantería e alboio. A rehabilitación foi un proceso de indagar en cen anos de historia, documentarse, retirar os postizos e conservar a esencia.

O pavillón, de 800 metros cadrados en madeira e cristal, foi rehabilitado para uso cultural e actividades sociais.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.