O Concello de Boiro, xunto co Instituto de Herboloxía Sarela, desenvolve este mes de xuño unha nova xornada sobre herbas medicinais. A actividade terá lugar o domingo 30 de xuño ás 10.30 horas no Centro de Formación do Concello de Boiro en Espiñeira.
A xornada formativa consistirá na recolección, secado e almacenamento das plantas con propiedades saudábeis para estudar cales son as máis comúns na contorna, que macerados se poden facer con elas e cales son os seus beneficios.
As prazas para participar son limitadas, as inscricións están abertas e poden facerse mediante o rexistro Xeral ou sede electrónica do Concello de Boiro, entregando cuberto o formulario de inscrición dispoñíbel na web municipal (www.boiro.gal).




