Dúas ducias de persoas e entidades participaron no Living Lab de Barbanza-Ulla-Sar por un monte sustentábel

17 Xuño 2024

A semana pasada celebrouse no Auditorio Municipal de Rianxo a primeira sesión do Living Lab para o ámbito territorial Barbanza-Ulla-Sar que, no marco do proxecto CAPRIF-CC (Comunidades activas e paisaxes resilientes a incendios forestais e cambio climático) reuniu a representantes das Comunidades de Montes Veciñais en Man Común dos  concellos de Dodro, Lousame, Padrón, Porto do Son e Rianxo. Tamén participaron técnicos forestais, responsábeis do proxecto e especialistas en xestión sostíbel do monte. A sesión estivo organizada pola Fundación Juana de Vega e nela participou tamén a Fundación Montescola.

Esta foi a primeira sesión de traballo das tres previstas ao longo do proxecto en cada un dos cinco Living-Lab nos que traballa o proxecto en Galicia e en Asturias. Aquí, os asistentes compartiron unha visión do escenario de partida, así como os retos a abordar e as potencialidades de cada monte. Nos meses de setembro e novembro levaranse a cabo dúas sesións máis, centradas na innovación, para identificar liñas de actuación e deseñar as actuacións que se desenvolverán no marco do proxecto ata finais de 2025. Son voluntariado ambiental, certificación forestal, xornadas formativas e un programa de apoio ás ideas emprendedoras que xurdan no proceso.

O proxecto CAPRIF-CC ten o obxectivo de impulsar e apoiar a creación de iniciativas innovadoras de xestión multifuncional do monte con comunidades rurais, en ámbitos de alto valor natural ou áreas queimadas de Galicia e Asturias, para aumentar a súa resiliencia ante os incendios forestais e o cambio climático, demostrando a compatibilidade coa xeración de economía e emprego local. Con este fin, en Galicia o proxecto céntrase na figura das Comunidades de Montes Veciñais en Man Común e dos Montes de Varas. En concreto, no ámbito de Barbanza-Ulla-Sar, son nove os participantes: CMVMC de Balouta de Fontecoba e de Cruz de Avelán (Dodro), CMVMC de Froxán (Lousame), CMVMC de Lapido (Padrón), CMVMC de Baroña (Porto do Son), CMVMC de Leiro, do Araño, do Fieitoso de Taragoña, e de Ferreira e Campelo (en Rianxo).

Xunto coa Fundación Juana de Vega (coordinadores), o consorcio de CAPRIF-CC está integrado pola Fundación Montescola (Lousame), a Fundación Centro de Estudos Eurorrexionais Galicia – Norte de Portugal (CEER), a Asociación Galega de Custodia do Territorio (AGCT), e CETEMAS (Centro Tecnológico y Forestal de la Madera), con sede en Siero (Asturias).

O proxecto conta co apoio da Fundación Biodiversidad del Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO), no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea- Next Generation UE.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...