O selo rianxeiro Axóuxere presenta no CGAC, este martes, “Máis alalá” de Xelís de toro e Alejandro Vargas

16 Xuño 2024

A editorial rianxeira Axóuxere vai presentar o libro Máis alalá, de Xelís de Toro e Alejandro Vargas, este martes 18 de xuño na libraría do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) de Santiago, ás 19.00 horas. O acto, que inclúe unha actividade perfomativa dos dous autores do volume, será organizado por Axóuxere e Rose Hill Records.

Máis alálá é unha experimentación poética sonora sobre o poemario De catro a catro do poeta rianxeiro Manoel Antonio (1900-1930). A caixa contén dezanove postais con códigos QR que remiten a dezanove pezas poético-sonoras creadas e gravadas por Xelís de Toro e Alejandro Vargas. As imaxes das postais inclúen fotos de Manuel Vilariño e imaxes caligráficas de Xelís de Toro e Alejandro Vargas.

Ficha do libro (Axóuxere)

A idea de vangarda en Galiza está inevitabelmente ligada á figura de Manoel Antonio, cuxo suco poético serviu de asento a grande parte da poesía galega contemporánea. Non obstante, a multiplicidade de posibilidades de (re)lectura da súa obra tense habitualmente reducido ás olladas máis académicas. Xelís de Toro, quen percorreu sempre camiños pouco transitados na nosa literatura (ben desde a letra impresa, ben desde o corpo e a palabra en acción) preséntanos, xunto ao músico cubano Alejandro Vargas (tamén abeirado aos vieiros da experimentación), un obxecto artístico-literario, un traxecto de exploración poética, sonora e viual pouco común a partir dos poemas que o autor rianxeiro nos deixou en De catro a catro. Un xogo a través, tamén, de fotografías de Manuel Vilariño e caligramas que os propios autores ligan a cadansúa peza poético-sonora.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.