O alcalde boirense, José Ramón Romero, e o concelleiro de Deportes, Marcos Fajardo, recibiron este mércores 12 de xuño, na Casa Consistorial, á patinadora do Club de Patinaxe Boiro, Marta Canosa, que vai participar no campionato de España que se celebra en Zaragoza do 1 ao 8 de xullo.
A patinadora, que estaba acompañada pola súa adestradora María Triñanes, explicoulles ao alcalde e ao concelleiro o difícil que é nun deporte como o patinaxe chegar a clasificarse para participar nun campionato a nivel estatal.
É a primeira vez que unha patinadora do Club de Patinaxe Boiro participa nun campionato de España e tanto o alcalde como o concelleiro de Deportes expresaron a súa satisfacción polos logros deportivos que o club está acadando e desexáronlle á patinadora sorte na competición.




