O Concello de Boiro convoca un proceso selectivo para a confección dunha bolsa de emprego para a contratación de persoal laboral temporal de quince socorristas acuáticos en espazos naturais. Para participar deste proceso selectivo é preciso ser desempregado inscrito no Servizo Público de Emprego de Galicia.
O sistema de acceso será mediante oposición libre e os contratos de traballo formalizaranse baixo a modalidade contractual laboral temporal. As funcións a desenvolver no posto serán as de vixilancia, primeiros auxilios, velar porque se respecten as zonas de baño, prestar atención ás persoas usuarias dos areais ou prestar socorro a persoas indispostas.
As persoas candidatas deberán pertencer a calquera dos estados asinantes do Tratado da Unión Europea; ter cumpridos os 18 anos e non superar a idade máxima de xubilación forzosa; non padecer enfermidade ou defecto físico que impida o desenvolvemento das funcións; así como estar en posesión do título de graduado en educación secundaria e estar inscritas no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos da Comunidade Autónoma de Galicia.
As bases do proceso selectivo e toda a información está dispoñíbel na web municipal.



