José Manuel Errea presenta “La Ruta de los Grandes Faros” este sábado no Náutico de Portosín

31 Maio 2024

O Real Club Náutico de Portosín acolle este sábado 1 de xuño, a partir das 18.00 horas, a presentación do libro La Ruta de los Grandes Faros. El Viaje del Quinto Real, de Juan Manuel Errea, mariño, montañeiro e escritor, ademais de director da Escola Náutica de Navarra.

Arroupado por socios/as e amizades do Real Club Náutico Portosín, Juan Manuel Errea estará presente desde as 18.00 horas para dar a coñecer a súa particular contribución ao xénero da literatura de viaxes e de navegacións cunha peculiar síntese de moitas epopeas náuticas vividas polo autor. Segundo adianta o autor, “o libro ten moito de confesión persoal sobra a mar, a vida e os acontementos que moitos navegantes experimentan, pero que moi poucos alcanzan a elevar á categoría de pensamentos conscientes e reflexións dignas de ser comunicadas”.

Unha obra que, nos seus capítulos, lévanos a percorrer lugares relevantes de Galicia, a costa do Cantábrico, a Bretaña francesa, Normandía ou o sur de Inglaterra.

1 de XUÑO ás 18:00h
Casa da Cultura de Portosín

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.