Perde a vida un motorista tras sufrir unha caída en Vilanova

30 Maio 2024

Os axentes da Garda Civil de Tráfico informaron que o motorista faleceu no hospital.

Os feitos ocorreron ás dúas desta tarde na Rúa Adega da Igrexa, en Tremoedo, Vilanova. Alí foi localizado o motorista, tendido na calzada, semi inconsciente e respirando. Todo parecía indicar que sufrira unha caída, pois nin rastro doutros vehículos implicados. Así o explicou quen chamou ao 112 Galicia para pedir axuda.

Decontado, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e aos axentes da Policía Local e a Garda Civil de Tráfico. 

Logo de recibir os primeiros coidados, o motorista foi evacuado consciente ao centro hospitalario de referencia, sen embargo, faleceu posteriormente, tal e como indicaron os axentes da seguridade.

Cómpre engadir que este operativo contou tamén coa colaboración dos voluntarios de Protección Civil de Vilanova. 

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.